Ao abeiro da métrica e da rima, estes poemas beben da fonte da tradición popular, das letras cultas e da contemporaneidade. Versos de estirpe deliberadamente figurativa, na procura das emocións. Ilustración de cuberta de FERNANDO BABÍO
Os poemas deste libro transitan entre a tradición, sempre de dobre raíz, culta e popular, e a contemporaneidade, un espazo por definición fuxidío. Son poemas empeñados, asemade, en achegar a necesaria música á pescuda das emocións, e vano facer botando man de recursos como a métrica e a rima; é dicir, acolléndose coa confianza dun artesán á protección dos límites. O resultado é unha poesía de estirpe deliberadamente figurativa. Á fin, ademais de álbum e partitura, este libro quere ser o mapa para un camiño que ten como norte o corazón de cada quen: esa estrela.
|
Editorial
|
Kalandraka
|
|
Idioma
|
gallego
|
|
Páginas
|
114