“Carta a unha profesora” foi o sorprendente texto escrito por nenas, nenos e adolescentes dunha escola rural italiana entre 1966 e 1967 para denunciar a selectividade social que impón un modelo de educación clasista e conservadora. Foi elaborada desde unha escola promovida e xestionada por Lorenzo Milani. A mensaxe do libro recorda ao Balbino de “Memorias dun neno labrego”, o ninguén que -da man de Neira Vilas- denunciaba a mala escola e os profesores autoritarios. Esta obra converteuse axiña na lectura de cabeceira de moitas mestras e mestres. As ideas de Milani puxéronse en práctica nas casas e nos colexios vencellados ao Movemento de Educadores Milanianos. A autora do epílogo de “Carta a unha profesora” é Carmen Betti, catedrática de Historia da Educación da Universidade de Florencia e unha prestixiosa académica que publicou varios traballos sobre a figura de Milani.
|
Editorial
|
Kalandraka
|
|
Idioma
|
gallego
|
|
Páginas
|
190